Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



6/8/10

A sauna pública tudense

E voilà o símbolo do senso estético (que algo ten de ética) dos responsables de todo este desastre: a sauna finlandesa plantada diante do paso de cebra da corredoira, adicado á información turística, escaparate da mosa cidade fronte os visitantes. Un par de veráns e todo o inverno con esta arquitectura alpina que nin  Van der Rohes, Sizas ou Niemeyers farían mellor. Co pouquiño que costaría botar unha ollada a Portugal...a Vilanova de Cerveira, sen ir máis lonxe. Paciencia.


Aquí apréciase o que queda de paso de cebra entre casetiña pimponiana e a árbore: un tercio.

E aproveitando a zona, a vista desta curiosa rúa na que non se sabe moi ben quen pode aparcar. Ou si?.

7 comentarios:

  1. Pero la sauna está muy bien, parece que también te ponen unas cervecitas de paso que vas -lo del camión descargando es genial!-, en cuanto al paso de cebra, ¡por lo menos ahora están las rayas pintadas que antes ni se veía! Y por último, el "aparcamiento" de los coches personales de la policía. La Plaza de la Inmaculada está tomada alrededor por vehículos varios que curiosamente pertenecen todos a los policías locales (tanto los oficiales como los suyos propios). Personalmente, lo que me produce mayor vergüenza es la caseta de turismo...

    ResponderEliminar
  2. En esa calle solo pueden aparcar los policias
    municipales y sus familiares... tipico de Tui!!!

    ResponderEliminar
  3. Esa "casiña" tería un pase aceptábel, por exemplo, no paseo de Samil. Na corredoira resulta igual que pórlle un par de pistolas nun cinto con cartucheiras a un cristo.
    Évos o que hai, o gusto dos munícipes gobernantes non dá para outra cousa. Xa postos a seguir a senda hortera e de mal gusto, pódese facer a cousa máis kitsch colocando un neón luminoso no teito cunha mensaxe de benvida aos turistas
    Deixando as brincadeiras (que igual o toman a serio e un día atopamos a "casiña" cun saúda do alcalde brillando en rosa fucsia e verde fósforo), estaría ben saber que empresa fixo as "casiñas canadianas" para a deputación que foi quen agasallou ao concello con esta alfaia. Para cousas como estas é para o que son necesarias as deputacións?
    Ricardo Alonso.

    ResponderEliminar
  4. Si Ricardo si, as deputacións están para isto de vez en cando, e cando se lles ocurre mira o que fan. dende logo a casiña pode gustar mais ou menos pero a min pásame un pouco o de Alo, o que realmente me nerva son eses coches particulares orredor do xulgado. É verdadeiramente indignante o caciquismo que habita no noso pobo dende hai uns anos para aquí, e digo caciquismo, porque se aparco eu (que non son ninguén mais que unha cidadán de a pé), múltanme. Eva.

    ResponderEliminar
  5. Lo de la caseta portatil de informacion al turismo tiene un pase....para algo que hacen por el turismo en este pueblo mejor dejarlo.....mejor que nada......lo de la antigua calle de la parada de los taxis otro descaro mas....segun un municipal que me paro un dia por pasar por ahi en mi vehiculo(ya se que hice mal y merecia todo lo peor)que ahi solo estacionaban y pasaban vehìculos de funcionarios del juzgado y agentes de la policia local....asi que ya sabeis cada empresa tiene que pedir una calle de Tui para que sus empleados aparquen sus vehiculos en exclusiva...y los demas....?????

    ResponderEliminar
  6. "Un pase... mejor que nada...para algo que hacen..." No me convencen mucho esas razones.Podrían haber puesto una mesa de camping con tres sillitas y valdrían esas palabras. Yo creo que tenemos que ser más (un poco) exigentes con los que cobran para eso.Si los sueldos no son tercemundistas no tienen por qué serlo sus obras. En el fondo no creo que sea un problema económico sino mental, cultural y esto tiene muy mal arreglo...

    ResponderEliminar
  7. O que pasa en Tui non se pode explicar dun xeito racional, o absurdo e a visión máis retrógrada de tódolos mundos posibles teñen cabida para o Alcalde e o seu séquito. Hai meses se lle fixo unha proposta razoable: o baixo de "Rogelio" que é de propiedade municipal debería ser unha Oficiña de Turismo permanente e coa dignidade que merece a nosa cidade e tamén un referente para os visitantes. O Alcalde e os seus apoios negáronse a iso, preferiron regalarlle o local á Consellería de Presidencia e deixarnos ós tudenses sen o local e sen o beneficio que supuña para as arcas municipais ese predio, pois antes estaban pagando un aluguer duns 6000 € por ano. Noraboa pola iniciativa. Lano Alonso

    ResponderEliminar