Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



29/7/10

Paseo Fluvial I

Algunhas fotos das condicións de abandono en que se atopa o paseo:


O buraco no que calquer neno ou caminante despistado pode partir unha perna apréciase un pouco millor aquí:

Magnífico exemplo de asimetría decorativa:


E como colofón desta primeira entrada este cartaz informativo kafkiano ubicado na praia Cabo Fradera (pronto poremos un vídeo da chegada cotidiana dos nosos aguerridos mariños con música marcial), como si no resto da zona ocupáranse da limpeza. Os encontronazos con Costas parece que son contínuos e deste xeito cren botar balóns fora: é un caso inaudito este de un sinal de prohibición DE LIMPAR!, que en realidade non manifesta máis que un xeito de facer política. Da barata.

8 comentarios:

  1. A cuestión é que SI ESTÁ LIMPO...¿Quen foi?

    ResponderEliminar
  2. Efectivamente, o problema é non velo...
    Tí vas polo paseo e se miras hacia o río a vista é increiblemente impresionante.
    O verdadeiro espanto é se miras hacia o outro lado... silvas, as murallas non se miran na maior parte, e xa non falamos das casas, ¿casas? algunhas parecen chavolas.
    Permitiron (ós que mais teñen) facer muros novos sobre a muralla, e (os que non teñen tanto) colocar uralitas e cemento por donde quixeron.
    O meu descoñecemento de marcos legais e ambitos de actuación non me permite mais que decirlle ós responsables que permitiron crear esta barriada, que tomen un pouco de exemplo dos veciños portugueses, que sempre se tiveron "por menos" e dannos algunha que outra lección; pero non de boquilla, de feitos que é cómo se fai.

    ResponderEliminar
  3. Amén. Lamentablemente parece que as cousas que vemos os que paseamos por Tui non as ven os responsables, que son os que poden e deben facer por mellorar a cidade. Non sei se é unha cuestión de ignorancia ou falta de sensibilidade pero é lamentable. É triste ver as aberracións que se fan é ainda máis triste é ver que non se toman as medidas necesarias para dignificar, neste caso, o outro lado do paseo no que as "chabolas", as herbas e a maleza afean un entorno natural tan especial. Ás veces penso que é mellor non facer nada se non se sabe facelo, visto que no pasado se talaron árbores (na beira do río, na corredeira, etc.), e que se intentaron levantar -nalgúns casos con éxito- as pedras das rúas vellas para poñer no seu lugar pedras novas...é tal a impotencia que un se plantexa estas cousas: que non se toque nada, dado que, nas mans trabucadas, as cousas poden empeorar aínda máis. Só hai que cruzar a fronteira para ver como os veciños portugueses, como ben dis, coidan as súas cidades ou visitar Compostela. De tódolos xeitos a esperanza nunca se perde. Oxalá sople un aire novo que leve a ineptitude destas mans que corrompen todo o que tocan; e se non é así, polo menos que loite con forza para que no futuro, as próximas xeracións de tudenses teñan conciencia do que está ben e do que non, para que aprecien este gran patrimonio histórico e natural que nos foi dado a través dos séculos. A recompensa maior que pode ter un político é ser exemplo do que está ben e incluso, ilustrar ós cidadáns sobre as cousas que de verdade importan: a calidade de vida, a natureza, a historia. Este blog é un granciño e, por iso, felicítovos efusivamente pola iniciativa. Ánimo.

    ResponderEliminar
  4. Efectivamente, creo que todos llevamos razón al lamentarnos por la, en definitiva, escasa estatura intelectual y moral de quienes deberían tenerla, dadas sus reponsabilidades. En el fondo parece que todo se reduce a unos gobernantes de tres al cuarto que no viven en nuestro mismo mundo...Nos queda este pataleo sin demasiadas esperanzas pero que nos desahoga, nos hace encontrar gente como los que nos apoyáis y seguís, asegurándonos de que la locura está del otro lado y todavía hay sensatez bajo el cielo. Habrá que tomarlo con cierto humor para no enfermar de impotencia y esperar tiempos mejores. Como bien decís es mejor que estos no toquen nada, Midas no de oro sino de barbarie, porque, de hacerlo - como en los ejemplos que apuntáis- las cosas todavía serían peores.
    Saludos a tod@s!

    ResponderEliminar
  5. Increible,.., es la primera vez que veo un cartel informativo de este tipo. Viva el non-sense !

    ResponderEliminar
  6. Seguramente no tenga que ver con la aparición del blog pero el cartel ya no está.

    ResponderEliminar
  7. prohibido limpiar? wtf :D

    ResponderEliminar
  8. IMPRESIONANTE.....,GASTAN NUESTRO DINERO EN CARTELITOS IDIOTAS,YO NO QUIERO QUE GASTEN MI DINERO ,QUE ME CUESTA MUCHO GANARLO ,Y MENOS EN PIQUES Y TRAPALLADAS YA SEAN CON COSTAS O CON SU PRIMA.

    ResponderEliminar