A
nova da reapertura da
sauna turística tudense non deixa de por de manifesto a escasez de ideas e creatividade de quenes asumiron a responsabilidade de xestionar unha cidade cun riquísimo patrimonio e un potencial que require algo máis que facer o que sempre se fixo, co color da mediocridade. Fai falla preparación, innovación e ter os pes sobre un mundo máis amplo que a sensibilidade de mesa camilla, ladrillo e galpón. É o colofón final, esperemos, dun tempo e ocasións perdidas para dignificala. Queremos que se loite por unha cidade moderna, orgullosa e irmanada co seu pasado, con servizos deste século, que arrisque e innove, con capacidade para ofrecer calidade de vida para todos, emprendedora e limpa, respetuosa co medio ambente, dinámica. Non é fácil, pero sabemos cales son os camiños que nos alonxaban desta meta.
Por iso, a
sauna é para nós un símbolo de todo o que nunca se debería ter feito, da estreitez de miras e da ineficiencia, das inercias e a rutina, dunha mirada sen futuro que aínda está aí, recordándonolo.
N. B: E non esaxeramos cando a calificamos de sauna. Xulguen se non:
de:
http://www.maquinariapro.com/obra/sauna-finlandesa.html
de:
http://www.infominho.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario