Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



19/4/11

Pegatinas


Temos elaborado unhas pegatinas co fin de facer visible e recordar, nestes tempos de promesas fuxitivas, a necesidade de que a cidade histórica non caia no olvido e recobre a dignidade que merece despois de anos de abandono.
Con esa intención, distribuiranse en varios locais da zona vella, aos que lles agradecemos a axuda:


(se alguén máis quere participar pode porse en contacto con nós por medio do correo electrónico)

. Dispomos de cen que nos custaron 25€ (v. aquí), polo que, se vos parece, podedes axudar a sufragar os gastos cunha aportación voluntaria de 25 cts. Gracias, e esperamos que vos gusten: a nosa capacidade como diseñadores non dá para máis...

No hay comentarios:

Publicar un comentario