Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



21/8/12

Cuidando la estética, para variar

Esta es la sensibilidad de constructor mediocre que se gasta por el concello, hija del más oscuro de los pasados.

Ya que, según parece, debemos suponer la falta de piedra vieja -muchos nos preguntamos dónde están las toneladas retiradas de tantas calles despojadas - ,qué mejor que la reluciente baldosa granítica en el acceso emblemático a la ciudad vieja. Un símbolo más del sentido estético de quienes diariamente para acercarse al concello y, a lo que parece, sin sorprenderse, han de toparse con la aberración.

Desde luego visitantes y ciudadanos no dejamos de maravillarnos por el abandono con que se trata a nuestra ciudad, tan bella a pesar de quienes se empeñan en cuidarla sólo en sus frases hechas para discursos y festividades varias.

20/8/12

Como veciña é unha honra escribir como Concelleira...

Non acaba un de sorprenderse coas demostracións de  capacidade e competencia dalgúns dos nosos representantes municipais, co seu arroxo asumindo responsabilidades que lles quedan grandes, coa vergonza allea que temos que sufrir cando falan, cando escriben ou cando actúan.

Hoxe chega a nós o antolóxico texto co que acompañamos estas palabras, firmado nada menos que pola nosa concelleira de Educación e Cultura, que responde a un nivel de redacción no que se misturan impúdicamente a escolarización básica coas altas pretensións do cargo. Nel conviven sen decoro as incongruencias, as repeticións, o léxico pretencioso pero inadecuado. A vulgaridade.

Apena ver estas demostracións de mediocridade satisfeita e sen complexos en quenes teñen moito que facer e idear nestes difíciles tempos nos que non nos podemos permitir o que dende sempre ven sendo moneda corrente nos concellos. É agora cando doe máis ver como se tapona co cemento da incompetencia o acceso a tanta xente capaz e formada para funcións que desenrolarían coa eficiencia e intelixencia que escasea na corte. Somentes pediríamos un sentido do pudor e da realidade ante os cidadáns que confiaron en que eles, ese foi o seu compromiso, están en situación de asumir as complexas responsabilidades do seu traballo.

Un pobo non pode avergoñarse dos seus representantes.




8/8/12

Hai en Tui política turística?




A pregunta non é casual. Tui atesoura un rico patrimonio que a coloca como unha das máis importantes cidades-patrimonio galegas. Malia a isto, ao seu valor patrimonial, Tui apenas ten peso ou representatividade no sector turístico galego. A nosa cidade non é unha referencia do turismo galego (nin interior nin exterior), deseñado máis noutros pilares, a peregrinación a Santiago e as praias.
As cifras de visitantes a Tui revélanse como insignificantes, case ridículas se temos como perspectiva os valores do seu patrimonio histórico e natural.
Ficamos obviamente perante un problema estrutural, Tui resulta marxinado nas políticas turísticas autonómicas e iso repercute no número de visitantes na cidade e o nível de coñecementos que posúen sobre Tui, moi próximo a cero.
Non é mellor a política turística provincial ou a comarcal, en moitos casos preocupada máis por establecer unha lista de cousas a visitar en cada concello que en agrupar os recursos dispoñibles baixo un signo identificable e potencialmente atractivo.

Qué é o que acontece no noso municipio? En principio comprobamos como se manteñen, aínda que depauperadas, as políticas turísticas dos anos sesenta (sí, aquelas que crearon os Centros de Iniciativa e comenzaron a vender o turismo en España como motor económico). Estas, que no seu momento eran positivas e condicionadas polo seu tempo, ficaron sobrepasadas na actualidade.
Tui conta cunha ubicación privilexiada en canto ás comunicacións, con paso de millóns de viaxeiros polas súas pontes transfronteirizas. A isto sumamos a súa inmediación ou proximidade con lugares de gran atracción turística, Valença ou o monte Santa Tecla.
Con todo isto, o patrimonio histórico e natural de Tui apenas capta unha mínima parte de esos visitantes ou viaxeiros, na súa maior parte por descoñecemento dos valores e do potencial que ofrece a cidade.
Por suposto que antes de falar da política turística temos que falar das infraestruturas turísticas da cidade e unha das básicas neste senso é a rede de aparcadoiros, practicamente inexistente desde hai décadas, cousa que lastra a atracción e estadía de moitos visitantes. Igualmente o estacionamento de autobuses tamén falla producto dunha pésima escolla no seu momento e de non sustanciar as medidas que permitan a chegada de viaxeiros ao centro da cidade e o estacionamento sinalado para os turoperadores.
Constatamos unha continuada ausencia de signalética turística na cidade, que propicien unha cómoda achega dos visitantes á nosa cidade e o movimento nela desde os aparcadoiros ata as zonas patrimoniais.
Non se promoven publicacións que poñan en valor o patrimonio tudense. Editar un folleto non é unha medida pola que os visitantes ou potenciais visitantes poidan decidir achegarse á cidade. Extensión e contextualización da importancia do noso patrimonio, se nos mesmos só lle adicamos un par de liñas, que pensarán os demais?
Hoxe en día o concello ten obriga de crear unha web de turismo propia. Unha cidade turística ten que ofrecer os seus recursos a través dos novos medios, fáciles e económicos dada a repercusión que consiguen. Dar a posibilidade de obter información ampla (textos, fotos, planos) redunda nunha boa imaxe da cidade e no incremento de opcións para que sexa visitada.
Precísanse coordinar medidas polas que as visitas á cidade se fagan atractivas, como rutas que conecten os diversos valores patrimoniais e unión de entradas a museos e outros espazos da cidade. Isto redunda nunha imaxe turística clara. Iso de que a xente simplemente se dé unha volta á aventura só o fan os máis ousados, e estes son minoría. Hai que explicar á xente porque paga a pena dar unha camiñada pola cidade e ofrecerlle as rutas máis atractivas, curtas ou longas.
E por suposto con todo isto destacar a singularidade, o que nos fai únicos. A paisaxe cultural que forman Tui e Valença é algo singular e único. É este o motivo que pode obrigar a moita xente a se trasladar á nosa cidade para visitala. Para unha mellor xestión e optimización dos recursos, é preciso que a política turística fose común entre Tui e Valença, de cara a centralizar as estadías dos visitantes e que desde Valença e Tui fagan ás súas excursións e rutas pola rexión miñota. Cousas que se poden facer en común como edición de información, web, coordinación en museos e espazos visitables, transporte, etc. Todo é posible e ofrecerían unhas posibilidades extraordinarias ao crecemento de amba-las dúas cidades-patrimonio.
A todo isto evidénciase que en Tui non existe unha política turística na actualidade. Contar cun centro de recepción de visitantes e uns folletos non é facer política turística. Simplemente se está á espera de que se acheguen todos aqueles despistados que camiño doutros lugares atopan Tui no medio. A abrumadora maioría de visitantes non sabe o que Tui ofrece, non ten programada a visita a nosa cidade e polo tanto o seu tempo limítase a minutos (aqueles que lles deixen no estacionamento da Corredoira) para dar unha volta, tirar unhas fotos e acudir a outros lugares que sí fixeron os seus deberes en materia turística.

1/8/12

Herbívora-mente

Como xa temos dito, os problemas enquistados seguen ahí e para mostra un botón, aproveitando unhas imaxes que nos fan chegar e que agradecemos.
 
Nelas asistimos aos métodos de traballo e resultados no corte de céspede do paseo fluvial - nótese que non falamos de xardiñería- que se veñen utilizando dende tempos inmemoriais dos que falabamos cando os gobernantes e responsables eran outros. A cousa consiste, vexan, en ciscar os restos da herba cortada nas beiras do río, onde a sabia natureza despois dun proceso de putrefacción fará o seu traballo concienzudo e oloroso. O compost resultante loce así, mentras está fresco:
 
 
 
 
 
 
 
Outro procedimento de almacenaxe é facer uso do famoso socavón que xa pronto cumplirá anos para o que, finalmente xa lle temos función: compostadora.
 
 
Aproveitamos para refrescar a memoria do lector sobre a vergoñenta historia do socavón lonxevo cunhas imaxes do noso xa amplo arquivo:
 
 
Os seus comenzos en octubre de 2010
 
 
En marzo de 2011, engalanado ante a cercanía dunhas eleccións
 
 
Eleccións
 
 
 
En abril deste ano
E as actuais de compostadora xa as viron. Toda unha historia, na que tamén se gastaron cartos cando as eleccións estaban cerca pero, para variar, facendo uso dos parches e sen solucionar verdadeiramente o problema: unha fuga de agua. Agora as táboas do paseo están cedendo nesa zona e esperaremos a que se deterioren completamente.
 
Pagaremos a escote entre todos e non pasa nada. Na Concellalía de Desbroces teñen máis cousas en que pensar. Se se nos permite usar o verbo.