Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



31/8/14

De lobos e homes

"Cando un home ten dudas se o acto que vai  realizar é xusto ou inxusto, e ten a posibilidade de informarse de antemán se quere, estará actuando ilegalmente se non o fai." T. Hobbes



Cando un responsable político por vontade de todos, non exerce as funcións de vixiancia e control de cumprimento das normas, e non as segue él mesmo escrupulosamente, deixa a un lado o primeiro deber que lle confiou a cidadanía no que a moral e a política amosan ser vellas amigas.

Deixa nas máns dos cidadáns a delación, a acusación, a vixiancia, convirtíndoos en potenciais enemigos ou ben, por omisión ou voluntariamente, en cómplices ou beneficiarios doutros, arrastrados polas poderosas correntes dos intereses persoais ou das súas necesidades. A verdade vóltase pranta de interior porque, dende ese momento, para a rúa e os balcóns é precisa a máscara da hipocresía, onde rumor e o chascarrillo menudean contaminándose e crecendo ata a infamia. Engrósase a rede de favores e odios, agravios e recompensas que empurran a un modo de vida e de entender a comunidade que ao mesmo Hobbes sorprendería. Cando sobre esa xauría chovese algo semellante a democracia, non podería elexir máis que a inercia do seu destino, acostumada a vivir no medio das emocións máis abxectas: a invidia, o rencor, a desconfianza, o medo ao outro e a inagotable bastardía da arrogancia.

Se non é vontade nosa este embrutecemento é preciso elexir  outro xeito de organizar unha convivencia que non pode ser só de fieras supervivintes, crueles entre elas e sumisas ante a forza da inxustiza, ante o poder sen lei.

29/8/14

Ti vai facendo... (1)

Ofrecémoslles unha interesante colaboración sociolóxica que nos remiten:



A inexportable doctrina política do tivaifacendo constitúe unha forma de supervivencia ante a chegada das novas formas de pensamento e vida social ante as que se amosa refractaria.


No seu senso máis amplo, diríase que antropolóxico se non quedase demasiado pretencioso, o tivaifacendismo ten como caldo de cultivo os mundos e tempos fronteirizos nos que penetran novos coñecimentos e formas de organización máis complexos superpoñéndose belicosamente sobre os vellos. A astuta resposta dos tivaifacendistas é unha camaleónica adaptación que podería enganar ao estudioso máis avezado. As formas externas asumen o novo estilo e con isto permítese a supervivencia subterránea do ancestral. En ocasións, claro, o resultado pode resultar grotesco e tosco, noutras, en cambio, o producto final resulta dunha grande elaboración e fineza. O tivafaicendismo lato sensu revélase así nunha innumerable gama de matices que vai dende a creación de apps para móbiles para a consulta de meigallos, ata sutís cambios de léxico: “mal de ollo” por “enerxía negativa”,pasando por máis simpáticos comportamentos coma o de falar a gritos polo iphone, a conversión dun bidé en xardiñeira ou empregar os baixos da casa para os novos animais metálicos que tragan combustible. 



Pero deixando estas menudencias nos importa afondar no home tivaifacendista e no seu sentido máis xenuino estrictamente político. Naceu, coma pode suporse, nese mundo no que asomaban as ourellas do cambio social que paulatinamente foise instalando. Pero o seu cimento ineludible é ancestral. Sufriu tempos nos que se solaparon sobre as estructuras sociais baseadas na máis estricta relación personal cas súas sanguíneas alianzas e os seus inextinguibles odios, as novas formas apoiadas na lexanía e nun elemento discordante sen ollos nen sorriso: a lei acompañada da súa abstracta familia numerosa: igualdade, dereitos, democracia…
A cercanía e predominio do contacto físico, linguaxe corporal, palabras sen mensaxe pero empáticas foron súbitamente amenazadas pola lexanía, a abstracción da igualdade, o imperio da lei, a fixación rigurosa dos significados. Aquí acercámonos ao xermo da doctrina, ao parto do tivaifacendo. O tivaifacendista, pois, supera o conflicto adoptando ropaxes da nova corrente pero conservando o seu pasado máis tranquilizador.

Esta solución adoptada polos tivaifacendistas, sen pretender alongarnos, encerra algunhas das súas características psicolóxicas máis marcadas. Os seguidores desta doctrina, acostumados a unha relación co poder baseada na obediencia ao máis forte, á sumisión, á obtención do máis minúsculo beneficio cun asombroso desenrolo das técnicas de adulación, son homes tendentes ao disimulo, a unha acusada inclinación pola intriga e o rumor palaciego, extremadamente aptos para a espionaxe, destros xogadores de dominó, hábiles na negociación sutil dos seus intereses ou do seu círculo de contacto. O tivaifacendo precisamente, nuclearmente, reside nesa pulsión pola cercanía cos que teñen un mundo común que necesita para sobrevivir a apariencia e coartada do mundo dominante que lentamente conquista a súa vida. Os seus partidarios  teñen un gran olfato para detectar onde se atopa o poder, sexa da clase que sexa, ante ao que axionllarse co dulce sorriso da sumisión á espera da súa parte.

O tivaifacendista no poder, á súa sombra, atópase, como pode deducirse polo que antecede, no seu hábitat natural onde pode desenrolar todas as súas aptitudes e sobrevivir. Sen embargo, a pesar de estar irremisiblemente condenado a súa desaparición, amosa unha capacidade de loita e adaptación que o fai un enemigo duro de roer nas sociedades que o sufren. Nelas introducen constantemente elementos de confrontación froito da súa incapacidade para asumir as novas coordenadas de vida e poder e que trasladan con facilidade á aqueles que comparten a súa ancestral mirada á comunidade.


Deixaremos para un próximo capítulo, pedindo perdón por abusar da paciencia do lector que teña chegado ata aquí, unha cuestión crucial a este respecto: a detección dos tivaifacendistas.