Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



17/6/13

Este continxente veciñal este


"O alcalde de Tui amósase incluso sorprendido da importante acollida que tivo a convocatoria municipal e por este importante número de cidadáns tudenses que acompañarán ao alcalde e concelleiros neste acto institucional deste domingo. A Corporación Municipal tudense participará neste acto presidida polo seu pendón e maceiros e estará acompañada da Policía Municipal con uniforme de gala, un grupo de parellas ataviadas co traxe tradicional tudense e a Banda de Música Popular de Tui, xunto a este importante continxente veciñal."

Outra vez valeiro
Preferiríamos que sen uniforme de gala os nosos policías locales poidesen patrullar e vixiar as rúas a pé ou nas dúas motos que demandan e se lles acaban de negar no último Pleno. O precio andaría polo gastado nos  autobuses do continxente veciñal que incluso sorprende ao noso atónito alcalde. Aforraríamos gasolina e pasarían menos cousas coma estas: xa desapareceu o segundo olivo da Praza do Pracer. O que significa, moito nos tememos, que a decoración da mesma será ata o fin dos tempos a postmoderna combinación de coches e cubo metálico valeiro.

Entretanto, e dito sexa de paso, segue a festa nocturna de tráfico e aturuxos  polas rúas. Só nos queda a esperanza de que o noso sorprendido Alcalde teña rogado ao Santísimo pola nosa paciencia. E que o Todopoderoso poida solucionar o que os limitados homes non alcanzan.