Decimos adeus á fonte do paseo fluvial, visto que en case dous meses, despois de que fose desmontada e deixada con este aspecto que xa denunciamos, agora, desaparecida, deixa o seu resto de escombros para admiración de paseantes e visitantes que, con sorte, poden que lle boten a culpa a unha toupeira xigante e despistada. Nunca pensarían que fontaneiros, operarios e demáis técnicos municipais están detrás da desfeita. E da porcallada. Realzada, por si fora pouco, coa proximidade dos eternos carteis desvencillados dos que temos falado e que deben resultar complicadísimos de retirar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario