Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



15/6/11

Actas de Plenos

Proporcionamos os enlaces ás ultimas actas de plenos celebrados no concello, esperando, unha vez máis, que  este hábito democrático se extenda á web do concello, acorde cos desexos expresados nela polo noso novo Alcalde:


 Especialmente a internet resulta na actualidade requirimento imprescindible para unha comunicación axeitada, tanto para a difusión dos recursos culturais, turísticos e de todo tipo que posúe o noso municipio, como para facilitarlle aos nosos cidadáns unha relación o máis fluída posible e unha comunicación eficaz sobre a actividade municipal.
Nesta páxina web do Concello de Tui á que como Alcalde de Tui dóullela benvida agardamos que os cidadáns tudenses atopen unha eficaz ferramenta na súa relación co Concello e unha axeitada canle de participación e acceso aos servizos municipais. Estou certo que deste xeito contribuímos á democratización e ao fomento da participación cidadá na vida municipal.



. Gracias de novo a M. A. Capón polo seu traballo en facelas públicas.

Sesión 1, Sesión 2, Sesión 3

No hay comentarios:

Publicar un comentario