Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



26/6/11

Á espera

Resulta esperanzador o cambio de sensibilidade que ata o de agora ven manifestando o novo equipo de goberno respecto da cidade histórica. A creación dunha concellería adicada ao casco e a súa rehabilitación, a capacidade, compromiso e preparación do seu responsable, as diversas declaracións do alcalde - como a que temos recollida á dereita no blog, para que non caia en olvido- , o futuro PEPCHA, son noticias que non podemos pasar por alto. Quedan os feitos, e é natural que despois de tantos anos, tantas promesas, todavía non poidamos crer sen suspicacias, nen confiar plenamente en palabras que non costa nada pronunciar, aínda que por primeira vez amosan outros aires dos que tanto necesitabamos.

Pero é moito o traballo por facer, moitas as costumes por cambiar. Estes son uns exemplos dos últimos días:

Obras por conta e risco de cada quén que contribúen á desfeita do casco, neste caso unha buhardilla ou similar, construida fai nadiña:


Vandalismo nocturno e danos nos patrimonio, efectos colaterais dunha movida sen control:



No hay comentarios:

Publicar un comentario