Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



19/5/11

Feitos, non palabras (y IV)

Despois de escoitar o debate na RMT, recorda un con vergoña allea as declaracións dos que non queren (PP, PGD), así o repetiron unha e outra vez, falar do pasado, dos anos, moitos, ata onte mesmo, nos que contaban con cartos e medios para facer desta cidade outra cousa. Pero fallaron as ideas, a preparación, a humildade e outras virtudes tal vez teologais. Asumen sen recato que deben mellorar as cousas, que o casco está abandonado, que urxe a peonalización, coidar as murallas...¿Qué hipodrómicos argumentos teñen para que confiemos?.

Todo o que son é pasado, aínda que lles doa, e moitos estamos esperando que pronto sexan historia, pero da que non apetece recordar nen para asustar aos nenos.

Ofrecémosvos aquí o enlace para que poidades descargar o arquivo mp3 do debate, para quenes non tiveron a oportunidade de escoitar aos candidatos e facerse cargo así do que, se algún deus benévolo nos axuda, debería pasar ao verdadeiro olvido, ao que tanto fan interesada mención.

Asimesmo, temos enviado un correo á RMT, por si se considera que vulnera algún dos seus dereitos, confiando en que prevaleza o dereito que os cidadáns teñen á información, máxime tendo en conta a importancia da mesma neste período electoral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario