Un exemplo máis, por se levamos poucos, desta degradación, é o sucedido nesta fin de semana, momento en que o tráfico se intensifica polas vellas rúas do casco, onde se aparca por todas partes, se circula por dirección prohibida e a sensación de impunidade para berrar, destrozar mobiliario urbano, portas e ventanas, macetas, coches, mexar e defecar onde pete, é a imperante. Aquí teñen os resultados:
A noite do venres ao sábado un banco na Plaza da Estrela foi baixado por uns gamberros ata o último tramo de escaleiras para dende alí ser arroxado á praza do paseo fluvial:
Con isto aproveitouse para destrozar uns dos focos que iluminan ese espazo:
Algúns restos no camiño de baixada:
E isto son os feitos, testarudos e clariños, dos que abundan neste blog que naceu precisamente pola indignación e impotencia ante tanta vergoña. Por iso clama o ceo que o antigo tenente-alcalde durante moitos anos, o concellal de urbanismo durante outros tantos, falen agora, sen rubor, de postas en valor, recuperacións, humanizacións, melloras nos xardíns, peonalizacións e demáis. Clama o ceo que pidan de nós tanta fe, tanta credulidade os responsables desta miseria e queiran agora liderar un cambio amparados en palabras e algunha cara nova. Non. Nós temos memoria e dignidade.
Hoxe na Rario Municipal, O Sr. Jose Prada dixo: "el otro día participando en la procesión de S. Telmo, vi muchas casas en el casco histórico en estado de ruina. No sabía que había tantas"...
ResponderEliminarIso significa que non fixo o seu traballo cando tiña responsabilidades. E agora pide que se confie nel. Vergoñento.
ResponderEliminarXa estamos fartos da pasividade do goberno de Tui pra facer cumprir as ordenanzas municipais en canto a contaminación acústica e horarios de peche dos locais de ocio.
ResponderEliminarOs veciños queremos facer valer nosos dereitos e si este goberno non e quen, porque non sabe ou non pode que deixe o sitio pa outros gobernantes que queren intentalo.