Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



22/3/11

Trihalometanos: un xeito de facer política

Certamente non saímos do asombro. Quenes dentro duns meses alzarán a súa voz para pedir os votos dos cidadáns - e pronunciarán, sen sonroxarse esa palabra- , quenes falarán de representar a vontade, as inquedanzas do pobo - e usarán ese termo-, quenes requerirán a nosa participación no seu proxecto político e de futuro -así o chamarán-. Eses que repetirán o mantra de democracia. Eses tales, hoxe, no Pleno Extraordinario solicitado para analizar un problema que a moitos nos pareceu grave, calan . Ignoran as graves acusacións que esgrimiu a oposición, que merece o respeto que nunha democracia debe ter todo representante dos cidadáns,  nunha máis que kafkiana posta en escea, na que os desprezados somos os tudenses. Tiñan, parece, cousas máis importantes que facer. Non houbo explicacións, nin respostas. Só o silencio dun desprezo profundo por todos quenes, preocupados, pretendíamos algo moi simple en democracia: claridade, información e, por suposto, respeto.

Hoxe, o Salón de Plenos, foi unha apadana da corte persa, co ceremonial de soberanos e súbditos, na que a dinastía reinante, amosou, por si quedaban dúbidas, cal é a súa mirada hacia nós, coitados.

4 comentarios:

  1. Xa o dicía eu, o pleno extraordinario non ía servir de moito. Algúns, moi inxenuos, creían que se darían explicacións, que habería dimisións e algún seppuku.
    As cousas hai que facelas doutro xeito.

    ResponderEliminar
  2. En democracia ese parece el camino adecuado... ¿cual propone usted?

    ResponderEliminar
  3. Querido anónimo, cando un Alcalde leva trece anos facendo o mesmo, isto non pilla de sorpresa, e en democracia contas con máis recursos cando se pón en perigo á poboación ou se comete un delito. As alternativas son esixir a información de todo o sarao (pero pode que non cho faciliten... democracia lle chamabas, non si?), dirixirse á Consellería de Sanidade e ao Ministerio de idem, para polo menos estar personados no procedemento e ter coñecemento da situación. Recoller asinaturas, moverse con asociacións, AMPAS, etc. para lles informar da situación e se é preciso tratar de facer unha manifestación.
    Un pleno extraordinario así non serve de moito senón se traballa antes e despois, máxime cando hai risco para a saúde e as súas consecuencias pode xurdir nun tempo.

    ResponderEliminar
  4. Quixera que algún amable lector que contestara a algunhas preguntas:

    en que data entrou a ser personal da potabiizadora o familiar do concelleiro, quen é ese concelleiro, se éste cumpría cos requisitos e formación para optar a plaza, con que nota conseguiu a devandita plaza e as demais notas e formación dos preentados non aptos e se houbo algo irregular no exame o posterior concesiòn de plaza.

    E sobre todo, desde cando estamos expostos a auga con altos niveles de THM. Tamén, se pode ser, que algún técnico nos ilustre, en referencia a se o ferver o agua con alto nivel de THM, volvese potable. ¿Existe volatilidade nese composto que poidese facela potable por si mesma?.

    A razón, e que nunha viaxe a Noruega, o Concello de Oslo detectou unha contaminación da auga da traída. Inmediatamente, avisou por TV, RAdios, POLICIA, etc... a poboación da situación e PROHIBIU o consumo de auga en TODA a cidade. Ademais, PROHIBIU os locales de HOSTELERIA facer e vender Te, Cafe, etc...xa que para facelos, utilizaban auga da traída, e a pesar de que a auga se quentaba e nalgun caso fervía, seguía sin ser potable.

    Entendo que en Tui case todos tomamos café durante esos dias... e moitos beberon auga, pois non se enteraron a tempo do "bando".

    ResponderEliminar