Unha mostra más do coidado e limpeza, do esmero con que os responsables dos desatinos que vimos comentando tratan un dos nosos grandes valores, a fermosa paisaxe tudense, as zonas verdes e de esparcimento, esas que non requiren grandes investimentos en formigón, só un pouco de sensibilidade.
Recomendámoslles un paseo polo abandonado camiño que por detrás da Comandancia diríxise á Metralla. O inicio é un preludio de todo o que se atoparán despois: abandono, suciedade, farolas engulidas pola vexetación, camiños impracticables...Calquer cidade sentiríase orgullosa dun entorno cas potencialidades do noso e, por suposto o aproveitaría con respeto. Nós sentimos vergoña. Non olvidemos imaxes coma esta cando logo, nos eventos e commemoracións varias, todos teñan presa en saír na foto das Eurocidades, Pontes Internacionales e Sendas kilométricas. Os feitos están ahí. E doen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario