Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



7/10/10

Cartelería no casco vello

Un casco ordenado, cuidado e digno pasa por manter unha homoxeneidade no aspecto dos carteis dos establecimentos, acorde co entorno. É unha forma elemental de respeto hacia o legado arquitectónico e ao mantemento dunha estética que non debe estar reñida cas exixencias  da vida comercial. Isto tampoco se cuida na nosa cidade, a diferencia de outras con normativa específica, e os responsables non son os donos dos locais se non quenes todos os días, camiño do seu traballo no concello, atópanse con isto e non deciden dictar as normas que correspondan:


(Queremos aclarar, para evitar malentendidos, que o problema non é o restaurante nin a súa lexítima decisión de anunciarse, só faltaría, senón que parécenos un bó exemplo, entre outros posibles, de cómo non se ten feito nada a este respecto por quenes deberían ver o problema -só fai falla sensibilidade- diante dos seus ollos día a día )

2 comentarios:

  1. Estoy de acuerdo, la sencilles es mas bonita y refresca la vista, si hubiera orden esto no pasaria.

    ResponderEliminar
  2. Mirade ca xente ten teima co fodido ORDËN.

    ResponderEliminar