Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



8/3/15

POR UN CIRCO SEN ANIMAIS EN TUI

A fotografía de Yongzhi-Chu, merecedora do premio Worldpress 2015, que eleximos para nosos folletos anunciadores da campaña de recollida de firmas en contra da presencia de circos sen animais na nosa cidade, ilustra á perfección a crueldade e horror que se agocha tras estes espectáculos.


.

Sabemos que moita xente aínda considera aos animais non humanos coma obxectos máis ou menos útiles para o todopoderoso home, e que a diversión de éste atópase moi por encima de calquer outra consideración sobre o sufrimento ou o benestar daqueles. A falta de empatía, a incapacidade para deixar de lado os falsos prexuízos sobre a dor e a actividade psíquica dos animais,o rechazo das posturas de quenes defendemos a sensibilidade e o respeto con argumentos tales coma os baseados na historia ou a tradición - coma se non existise a inmoralidade nas costumes e nos hábitos culturales e a posibilidade do seu cambio- son, desgraciadamente, actitudes comúns no noso entorno.

Sen embargo, moitos cidadáns comezamos a estar sensibilizados ante esta deplorable actitude hacia os animais. Négamonos a levar aos nosos nenos a estes "espectáculos" e presionamos aos nosos representantes políticos para trasladar á lexislación a responsabilidade que os humáns temos de respetar a vida animal e abandonar as crueldades innecesarias contra os animais.

Sumándonos a esta reclamación moral e política, pretendemos impulsar unha campaña na nosa cidade para solicitar aos nosos representantes que se declare a Tui, cidade libre de circos e espectáculos con animais, coma teñen feito outras moitas do noso entorno (Tomiño, Vigo, Nigrán e máis de dous centenares en toda España). Organizarase do seguinte xeito:


  • Recollida de firmas nos establecimentos colaboradores.
  • Presentación, a fines de abril das firmas no rexistro do concello.
  • Solicitude de proposta de moción para que o concello de Tui prohiba a presenza de circos ou atraccións de feria con animais.
  • Búsqueda de apoio entre os grupos políticos con representación na nosa cidade.

¡Gracias a todos polo voso apoio máis humano!





N.B. Sobre circos sen animais en concellos españoles podedes consultar esta páxina

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada