Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



31/3/15

As armas as carga o demo

A noticia de que o Concellal de Tráfico, Ángel Gutiérrez, decidiu a compra de material antidisturbios -ou algo que se lle parece moito- para a policía local deíxanos sen fala. Cascos, rodilleras, coderas, escudos (en torno aos 2000€)...¿É realmente preciso e prioritario este equipamento? Adquiríronse tamén dúas escopetas( en torno aos 2000€ co seu armeiro) Stinger Tactical de calibre 12 (v. imaxe) , dignas da caza do xabarín, de, cando menos, dudosa utilidade nun concello como o noso que ata o de agora non sabíamos que alcanzara unhas cotas de violencia coma suxire esta escalada armamentística propia da Guerra Fría. Máxime cando contamos na nosa cidade coa presenza tamén da Garda Civil e da Policía Nacional.

Mentras calquer cidadán pode ver coma os pasos de cebra están sen pintar ou que a doble fila e o estacionamento en lugares prohibidos son un costume perpetuado mesmo diante da mesma oficina da policía local, que a vixilancia nocturna a pé polo casco vello sería un decisivo elemento disuasorio para a reducción do vandalismo, que o control sistemático das actividades, horarios e licenzas de locais é unha medida máis que necesaria, o Concellal de Tráfico, opta por este gasto que a moitos nos parece inadecuado e fora da realidade.

E aínda chama más a atención que, curiosamente, ante as críticas recibidas no pasado pleno por parte da oposición ante este derroche inxustificado, os medios de comunicación teñan recibido unha nota de prensa que se desfai en eloxios polo traballo de Ánxel Gutiérrez («la totalidad de la plantilla quiere comunicar lo siguiente: que apoya, agradece y comparte todo el trabajo realizado por el Concejal Delegado») e adica unha dura crítica a  quen non concorda ca oportunidade do gasto. Resulta sorprendente a actividade case plenaria da plantilla da policía local, unha nova función en tempos  preelectorais para a que manifestan ter tempo: louvar a man que lles da de comer e atacar as intervencións da oposición no Pleno que non son do seu gusto por medio dunha nota de prensa. Curiosa forma de actividade e celo policial que ben poderían reservar para o seu traballo diario.


En fin, as rúas seguirán coma están, o control do tráfico e estacionamento será o que hai, a zona azul será vixiada como calqueira pode comprobar, e a noite seguirá entre berros e vandalismo. Pero, iso sí, non se preocupen, mesmo o corpo de marines virá aquí a facer cursiños. Un honor máis para Tui. Estamos ansiosos por ver o ben que lucirán nos desfiles.

2 comentarios:

  1. José Antonio Quiroga Quiroga4 de abril de 2015, 19:19

    Los hombres de A.G. Harrelson

    ResponderEliminar
  2. A noite seguirra entre berros e vandalismo.... Felicidades campeon por gente asi se acabaran las fiestas de San Telmo

    ResponderEliminar