Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



10/9/12

Ponte ás finas herbas

Estas son imaxes das condicións en que a Concellalía de Desbroces mantén a ponte medieval sobre o Louro, onde moitos pelegríns fan un alto no camiño para fotografiar e disfrutar da beleza do lugar, por onde moitos cidadáns fan o seu paseo e deporte.

Nótese que xa nin falamos do cuidado polo noso patrimonio, sensibilidade e demáis abstraccións remotas, senón que acudimos a argumentos baseados no puro pragmatismo ou na vergoña polo qué dirán: cando a xardiñería é desbrozado, as pontes son sólo lugares de paso.








1 comentario:

  1. Asi de lamentable esta o noso patrimonio. Pero para desbrozar certos camiños ou beiraruas de interes q rapidez e ainda mais cantos efectivos!!!! pero non so esta a ponte todo o contorno en xeral. E outro exemplo e na alameda baixando as escadas!!!!!! Hay moita xente.q.quere traballar!!!!!

    ResponderEliminar