Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



30/7/12

Novas vellas

Poucas novas, desgraciadamente, podemos ofrecer do casco sen cair na reiteración. Todo segue igual nos días e nas noites de festa, según para quen. As ordenanzas caninas e de convivencia terracil durmen no limbo do procedimento e as actitudes sonche as de sempre.
 
Este é o cambio. Queda un mes de verán e seguimos coa sauna de información turística mentras as bandeiras de porto deportivo ondean na Corredoira onde maceteiros ilegais que nos costaron os nosos cartos ocupan o lugar das vellas árbores. Estética de novoriquismo. A vixiancia, o control do tráfico, dos horarios e licencias son somentes un concepto etéreo que de cando en vez asoma nas notas de prensa dun concello entregado as palabras, inmune aos feitos. E o verán pasa. Sudan ata os contenedores esa grasa cotián para a que non hai remedio nen deterxente nesta cidade de pedra. As táboas do paseo fluvial, a maleza daquelas murallas, o socavón de fai dous anos, a xardiñería de desbroce...Todo durme nese abandono que xa é condena eterna. Por iso escasean os nosos posts e cansa repetir o mesmo unha e outra vez. As mesmas fotos, os mesmos problemas, a mesma desgracia.
 
Non hai novas por máis que desesperemos e para contar o que pasa basta con cambiar as datas a cada unha das entradas deste blog detido no tempo.
 
Así está a cousa. Bo verán.
 

3 comentarios:

  1. José Antonio Quiroga1 de agosto de 2012, 0:16

    Pueblo mío que estás en la colina, tendido como un viejo que se muere... ( José Feliciano, cantante)

    ResponderEliminar
  2. E o presidente de Foro Tvde calado como un peto. Igual estábache ocupado nun curruncho da catedral con tantos cargos e cargas que ten
    e non se decatou de nada.

    ResponderEliminar
  3. Un ladrillazo en toda la cresta, oiga.

    ResponderEliminar