Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



18/5/12

O movimento dun pé



Unha longa viaxe comenza co movimento dun pé.  (Lao -Tse)

Sen comentarios
A idea de convocar un concurso para que as flores suban aos balcóns e leven beleza ás rúas queda deslucida, é unha mágoa, pola perenne situación do casco. A iniciativa amosa o interés que botamos en falta para cousas de maior calado, migallas dun banquete no que levamos anos esperando invitación. Por iso queda a sensación de que a vontade de por en marcha unha medida histórica, ou polo menos nunca vista en anos e, dende logo, nin cheirada nos tempos de Rocha I, desváese nun telón de fondo cheo de despropósitos.

Continuamos a ser escravos dun pasado teimoso e obstinado que toma por sinónimos xardiñería e desbroce, limpeza e baldeos, actividade hostelera e pubs, vitalidade con coches e vandalismo, nun ciclo infernal que non se actualiza nin a golpe de xuventude e savia nova nas altas salas do concello.
Así nestas rúas unha anduriña xa fai verán e pódenos a ansiedade dos náufragos na búsqueda de indicios de terra firme e alegra, na desesperación, ver unha ideíña no horizonte, un primer paso nunha dirección que nunca se tomara en anos.
Xardiñeiras na rúa

Agora, xa que a mitade dunha tarefa está en comenzala (algo así dicía un clásico), esperaremos pola outra metade. Pola que pasa por traballar en serio pola limpeza, a beleza e a dignidade destas pedras, que polo de agora, nun imaxinario concurso en competencia con outros centros históricos, e non fai falla ir lonxe, leva perdido moitos premios. Pedimos neste infausto comezo do siglo XXI, aquel que de nenos soñamos poboado de naves e viaxes interestelares, un camionciño de limpeza de rúas, un servizo de xardiñeiros con xardíns e parques que coidar, unha hostelería regulada e concorde coa vida humana no casco, rúas e prazas para homes e non garaxes, un sentido da dignidade, en fin, que non sabe de progresos malentendidos.Non parece moito pero está lonxe, moi lonxe.

Non cabe duda de que disfrutar da natureza realzada entre as pedras, domesticación leve do mundo vexetal, é un sinal de civilización, de búsqueda dun pracer manufacturado, gastronómico. O progreso da humanidade , dende o bíblico xardín, vincúlase con ese anceio transgresor.Felicitémonos se a idea é o comenzo dun novo xeito de tratar a cidade histórica. E de vivila.

Que o movimento do metafórico pé significe unha viaxe e non un tacón-punta-tacón  ao que, desgraciadamente, estamos, mal que nos pese, acostumados.

(As imaxes proceden das rúas de Ponte de Lima e ilustran o labor, humilde pero digno, dese concello veciño nas súas rúas. (Por certo, non deixen de visitar a súa mostra de xardíns dentro dunha semana).




Panel electrónico con informacións de actividades
Os bancos píntanse e coídanse. Pasen pola praza da Estrela.

Zona wi-fi, ciencia ficción por estes lares...
E si tiveron a paciencia de chegar aquí, un exemplo da oficina de turismo de Ponte de Lima. Da nosa sauna non ofrecemos enlace por pudor.


 N.B. Haberá que suxerir a  Orballo S. L., esa afortunada empresa que mantemos con moitos euros e ten a responsabilidade dos desbroces (sic) de xardíns e parques, unha visita a terras portuguesas para que descubra que a xardiñería é outra cousa. Ou alguén debería tomar cartas no asunto. Se este é o comenzo, benvido sexa.

26 comentarios:

  1. Que no, que no, que no aprenden...

    ResponderEliminar
  2. Como decía la canción : pasarán más de mil años, muchos más

    ResponderEliminar
  3. Eu o mirar as fotos pensei q as macetas e os bancos en vermello eran horteras, q a oficina nun bloque de cemento non me pega, q a base da arbore en metal non me pega, e q se en tui poñen un panel dixital para eventos, sería criticado por despilfarro.
    Vai ser q depende as gafas q leve!!

    ResponderEliminar
  4. Hace muchos años que siento ENVIDIA cada vez que voy a cuaquier pueblo de portugal preciosos parques , bonitos jardines , gran arbolado en las calles con el respecto de los ejemplares centenarios , etc . aquí se tala todo y lo siento mucho no quiero ofender a nadie , pero en TUI la cultura de los árboles y jardines ya hace tiempo que desapareció por desgracia para los que amamos el buén gusto y la estética de una ciudad

    ResponderEliminar
  5. José Antonio Quiroga Quiroga19 de mayo de 2012, 0:10

    No veo ningún balcón ni ventana con flores en las casas de Ponte de Lima. Otra cosa es que en las plazas y lugares apropiados haya algún motivo vegetal.¿Me explico?

    ResponderEliminar
  6. Como decía la canción : pasarán más de mil años, muchos más

    ResponderEliminar
  7. Ojalá sea el primer paso en la buena dirección...

    Totalmente de acuerdo con JULASIL:

    "Hace muchos años que siento ENVIDIA cada vez que voy a cuaquier pueblo de portugal preciosos parques , bonitos jardines , gran arbolado en las calles con el respecto de los ejemplares centenarios , etc . aquí se tala todo y lo siento mucho no quiero ofender a nadie , pero en TUI la cultura de los árboles y jardines ya hace tiempo que desapareció por desgracia para los que amamos el buén gusto y la estética de una ciudad"

    y no tanto con lo de

    "pasarán más de mil años, muchos más"

    y cómo él mismo firmaría, ojalá se(nos) equivoque(mos).

    Ánimo Intra Muros.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ánimo a Intra Muros,sí, por supuesto, y también, claro, a Ruegos y Preguntas Tui, pero no por ser titulares de esta página sois una autoridad en esta materia, ni en otras muchas, claro.Mostrais el voluntarismo desnudo de razones propio de los profanos. Baste decir que en esta polémica no alcanzais a distinguir siquiera entre un jardín o espacio ajardinado y un casco histórico.Ámbitos bien distintos, cada uno con su carácter. Mezclais indiscriminadamente árboles en parques con gitanillas en ventanas y balcones. Es el subjetivo y caprichoso pronunciamiento del, ¡Ay,a mí me gusta!

      Eliminar
    2. Mire señorita con tódolos respetos non estou dacordo con vostede. Para min teñen máis autoridade en Tui quenes están detrás das webs que se citan que outros que "desgobernan". Vostede é unha manipuladora e maquinadora insidiosa. Non sei se eles teñen autoridade ou non, pero parece que forman parte do pequeno grupo de personas cabales que aínda mnora por eses desdichados pagos. Cando vostede di "voluntarismo desnudo de razones propio de los profanos" creo que se debería aplicar a vostede mesma o conto e senón, dígame vostede a min (se fora capaz) cal é a diferencia entre un xardín e un espacio axardinado e indíqueme tamén en que recoñecidos documentos e doutrinas se basa para discernir tan transcendente apreciación. Se vostede cree que as referencias que Intramuros ten a ben mostrar de cando en vez son os seus gustos particulares, mete vostede a pata ata o fondo. A boa arquitectura, e unha das súas especialidades, o paisaxismo son disciplinas serias que teñen unha ortodoxía que discirne claramente entre o verdadeiro do falso, o bo e o mediocre ... As referencias que Intramuros aporta foron valoradas, recoñecidas e algunhas premiadas polos gremios profesionais dos seus autores. Vostede confúndese, non se trata de gustos, non se está a falar dunha cuestión gastronómica... Xeralmente para opinión pública tódalas obras de mármore son belas.

      Recomendolle encarecidamente unha boa referencia bibliográfica para que ordene o seu desaguisado mental así permanecerá ocupada en ler cousas de proveito en vez de leer sabe Dios qué. Anote: Un canon de arquitectura moderna, de Antonio Miranda, ed Cátedra. Ahí se lle aclararán as ideas, fíxese que dí "un canon", despois de lelo comprobará que as referencias que de cando en vez nos señalan seguen ese canon. Se aínda ten dúbidas de facerse coa citada referencia, repito, non ten desperdicio, cítolle algúns epígrafes:
      7 Para acabar con el prestigio de lo infame
      8 Tres arponeros de sirenas
      17 El Kitsch: mentira dulce bajo basura dulce
      18 La falsa belleza: lindeza edulcorada y vulgar
      20 la crápula postmoderna: una payasada fascista
      22 la verdad no es, ni necesita ser, verosímil
      32 por una arquitectura no alineada al poder
      36 para acabar con el prestigio de lo abyecto
      39 integritas, consonantia, claritas
      42 como si con la verdad objetiva bastase
      48 el kitsch nos gusta como al tonto el ruido
      59 contra la obra populista y demagógica
      61 dogmas para ahogar el rigor intelectual
      65 Ironía: Conformismo, bisutería y pacotilla.
      Dice así: "Pocos ignoran que no hay modo más cómodo y miserable de gobernar un país que aquel -hoy tan en boga- que consiste en mantener al pueblo en la ignorancia y la confusión..." e hasta aquí podo leer, non vaia selo caso que collan ideas os caciques locales.
      74 Razón dialéctica: razón crítica
      75 Crítica vs. ideología dominante oficial
      76 No hay educación real sin formación estética
      80 Falsa arquitectura: la ideología más lucrativa.

      Aviso que o autor do libro se autodeclara comunista, pero os que se consideran de dereitas pódelles vir ben esta clase de latigazos mentales, para compensar o que lles sobra e así pensar máis libremente, con máis amplitude de miras.

      Alá señorita xa ten vostede algo realmente interesante por facer. E se non quere ler adícolle a vostede o comentario do anónimo das 00.34. Saludos cordiales.

      Eliminar
    3. Que la providencia le conserve la perspicacia, la prudencia, la coherencia y la capacidad argumentativa. Me explico: ni acierta con el sexo; ni me dirijo a Intra Muros, sino a Ruegos y Preguntas Tui; ni pregunto por las diferencias entre jardín y espacio ajardinado, pues digo jardín o espacio ajardinado; ni es respetuoso(manipuladora e maquinadora insidiosa)a pesar de dirigirse a mí "con todoslos respetos"; tampoco se centra en el tema; y habla por boca de ganso, recurso utilizado cuando uno no tiene nada que aportar. En suma, incontinencia retórica desordenada: es decir, para que pueda entenderme: bati-burrillo

      Eliminar
    4. Pídolle acepte as miñas disculpas. Non me interesa enredarme en vacuas polémicas. O texto ó que dirixía a miña resposta menosprecia e desacredita ós únicos brotes de esperanza que nos quedan ós tudenses. As palabras do texto ó que eu criticaba mostra desprecio hacia estas xenerosas e altruístas iniciativas. En qué lugar cree que as deixa cando dice que son incapaces de distinguir un xardín dun casco histórico? ¿ou cando di "Es el subjetivo y caprichoso pronunciamiento del, ¡Ay,a mí me gusta!? Aquí o que importa é sumar, e a quen hai que desacreditar é a quen está facendo mal as cousas e non a quenes as queren mellorar. E vostede ¿de que bando está?

      Eliminar
    5. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

      Eliminar
    6. Estimado Sr "Anónimo" de las 15:07. Cuándo dice:

      "pero no por ser titulares de esta página sois una autoridad en esta materia, ni en otras muchas, claro.Mostrais el voluntarismo desnudo de razones propio de los profanos. Baste decir que en esta polémica no alcanzais a distinguir siquiera entre un jardín o espacio ajardinado y un casco histórico.Ámbitos bien distintos, cada uno con su carácter. Mezclais indiscriminadamente árboles en parques con gitanillas en ventanas y balcones. Es el subjetivo y caprichoso pronunciamiento del, ¡Ay,a mí me gusta!"

      ¿Cuándo dice qué éste comentario anterior es para TRP, se refiere a la plataforma y/o alguno de nuestros comentarios directos, o comentarios de algún amigo/s de TRP?

      Dónde, cuándo y en qué fragmentos hace que usted, experto en arquitectura (y quizá arquitecto), provoca esa idea que describe sobre TRP.

      Desde luego no prentendemos ser expertos en el casco histórico (para eso ya está Intra Muros), ni por supuesto, como usted dice, en muchas otros asuntos.

      Simplemente hemos lanzado una propuesta, dónde TRP, amigos y vecinos de Tui, gente generalemente no tan experta, pero sí ciudadanos con ansias de mejorar ciertos aspectos de la ciudad, lanzan propuestas, en forma de Ruegos, Preguntas y Sugerencias, para hacerlas "llegar" y que los que deciden RESUELVAN.

      Sí, muchas veces somos profanos en la materia denunciada (son más de 120 Ruegos y 80 Preguntas los recogidos en TRP y sobre los más diversos temas) ... pero, si mediante esas denuncias "movemos" los problemas y ayudamos, humildemente, a buscar una solución, habremos logrado el objetivo.
      Profanos, puede... pero desde luego comprometidos y en absoluto "desnudos de razones". Y sobre todo trabajando, todo lo posible, para poder vivir en un Tui aún mejor.

      Parafraseando al Anónimo anterior de las 20:57, "E vostede, ¿de que bando está?

      Atentamente le saluda Sr Anónimo de las 15:07 hrs,

      TRP

      Eliminar
    7. Al anónimo del 19 de las 20,57: Acepto sinceramente las disculpas, sin que ello presuponga asomo alguno de triunfo por mi parte. Yo no estoy, no pertenezco, ni deseo pertenecer a ningún bando porque ello comporta inevitablemente cierto alineamiento consustancial a todo clan o grupo, y la consecuente pérdida de la facultad de libre pensamiento.La crítica específica al folclorismo floral, que parece que defienden, no es extensiva a la totalidad de la labor desarrollada por usted o ustedes. Diría que se dan por descalificados globalmente para cargarse de razón y contestar saliendo por peteneras.Comparto con ustedes la inquietud por un Tui mejor, y nada más lejos de mi ánimo tratar de acallarles o desanimarles en tan interesante labor, pero no pueden negar que el punto de vista y preocupación de una significativa parte de los que formulan preguntas, quejas y ruegos es de lo más simple e intrascendente. Cuando considero que los titulares de la página web, Ruegos y Preguntas Tui, como tal entidad, y no a título personal, avalan alguna propuesta carente de criterio fundamentado por el procedimiento de adhesión ciega, y que yo no comparto, quizá no deberían hacerlo bajo este epígrafe, no reparo en mostrar mi desacuerdo. Me preocupa que se dejen arrastrar por las inquietudes pequeñitas de las abundantes cabezas desamuebladas a fuerza de tanto roce y familiaridad con ellas como titulares de la dicha página. Doy por contestado tambien a TRP. Un saludo, y adelante.

      Eliminar
    8. ¿Creedes vos que Intra Muros está baixo de moral o tan baixo dela como para que necesite de ánimos, e mais en concreto dos vosos? A min iso sóname a sospeitoso paternalismo.

      Eliminar
    9. Eu o que creo e que Intra Muros dende a creación de Foro Tude quedou fora de xogo.Non sei cal pode ser o motivo pero : onde quedou a crítica?Eu quero un Intra Muros que defenda a dignidade do Casco Histórico da maneira mais clara posible coma sempre o fixo ata o momento.Ánimo Intra Muros,os veciños necesitamos do voso traballo desinteresado e mais agora que ademais dos males que padecemos nos van vir as alerxias as frores.A can fraco todas son pulgas(as das prantas e as do Pepcha)

      Eliminar
    10. Foro Tude semella estar Fora de Xogo, certo, deber ser mais polas cargas que polos cargos. Ahora ben, Intra Muros meréceme todolos los respectos, aopio e defensa da páxina mais comprometida co casco vello ademais de ilustrativa e formativa a través dos seus editoriais de inusual calidade.

      Eliminar
  8. Coma de costume o artigo é unha ledicia, da gusto ler esta clase de textos tan elocuentes, con ese dulce sarcasco e a vez implacable crítica. Qué maravilla!!!; sen ánimo de pelotear a ninguén, algún día, seguro, deberán ser recopilados en algunha editorial.
    A referencia á oficina de turismo de Ponte de Lima é máis que significativa do atrasado que está Tui no que a promoción do turismo e do seu valiosísimo patrimonio se refire. ¿Por qué Tuy non alcanza, nin de lexos, as 40000 visitas rexistradas na súa oficina de turismo en semana santa e sí o fixo Allariz? É un exemplo, non pretendo defender nengún tipo de política nacionalista. ¿Por qué ese mesmo concello multiplicou por cinco o número de plazas hoteleiras nos últimos 15 anos e por qué é o turismo a súa principal fonte de ingresos? Pois porque teñén un bo Pepcha e uns xestores serios e eficientes!. Recoméndolle ó Ches ou o concellal pertinente que chame a oficina de turismo de Allariz (que falen con Xosé Manuel, que xa dexei recado para que se "enrollara un pouco" se chamase alguén de Tui, o tfno é 988442008) e que contraste datos e que vaian por alí e comparen, se hay algo que comparar, as diferencias entre as súas políticas de turismo.

    A oficina de Allariz acondicionouna César Portela (Premio Nacional de Arquitectura Española), a da veciña Valença do Minho acondicionouna o premio Pritzker (o equivalente ó Nobel na arquitectura) Souto de Moura, e a que Intramuros indica neste post é, nin máis nin menos, que de Joao Álvaro Rocha, premio nacional de Arquitectura portuguesa otorgado pola Ordem de Arquitectos, tamén é finalista da chamada antesala dos Pritzker, o Premio Europeo de Arquitectura. Ese proxecto deu a volta ó mundo a través de diferentes revistas de arquitectura. Todo esto ben a colación porque en Tui temos unha oficina de Turismo que tamén deu a volta ó mundo: deseñouna un carpinteiro finlandes, patentóuna e construírona os chinos, que a enviaron en containers a todos os lugares do mundo, unha delas parou no Leroy Merlín de Oporto, algún ávido alcalde veuna por alí ó simbólico precio de 2000 €, e mandouna traer coma solución ós problemas da promoción do turismo de Tui... ahora parece que non deu moito resultado, e coma os que gobernan son moi activos, xa están buscando novas solucións á promoción do turismo, collémolos neste intre xa coas mans na masa, están promocionando o patrimonio tudense con todo tipo de florituras... coma en Allariz, que cada ano celebra os Festival Internacional de Xardins de Allariz (a exposición deste ano comezou este 12 de maio e acaba no mes de novembro) con presenzas de paisaxistas tan destacados coma Enmanuel de France et Arnaud Dambrine, Paulo Tavares, Fco. Manuel da Fonseca, etc. Tamén, en Ponte de Lima teñen outro interesante festival internacional de xardíns máis importante e con mellor cartel co anterior. Tui tomou nota e vai no mesmo camiño, e ten en cartel paisaxistas con tanto renombre coma o do concellal do casco histórico, tanto renombre venlle por outra cousa, algúns acordanse moito del... En todo caso mellor así, non vaía ser o caso que queiran facer unha oficina de turismo en condicións e lle dean o deseño o renombradísmo estudio de arquitectura que fixo Pepcha (que non os coñece nen súa nai) pero eso si, son moi ben guiados e fan sólo o que lles mandan. Máis ou menos igual co Pxom, o renombradísimo Roberto Aya (Interurban) fixo o que se lle mandou, nada máis! e así seguindo instruccións deixou un cruceiro sen área de afección, algo parecido o caso Patazumba, onde un Hórreo necesitaba informe favorable de patrimonio nun área de protección etnográfica con un radio de 25 metros... dez anos despois todo segue igual, como se non pasara nada, coma se non aprendéramos nada nestes lustros de infamia, coma se os bos exemplos de outros non valeran para facernos reflexionar e recuestionarnos algunhas cousas. Algúns queren seguir polo camiño dos seus predecesores... pouco terán que ofrecer e mal van a acabar.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estimado anónimo, te sugiero que no utilices la ironía, p.e. lo de que Tui tomó nota y cosas así, porque debido al bajo nivel imperante la mayoría entiende al revés y cree que van en el buen camino. Sólo una apreciación: el radio de protección de los hórreos es de 50 m. Gracias por las ilustrativas referencias.

      Eliminar
    2. anónimo das 00.3419 de mayo de 2012, 10:46

      Sí, en certo modo, douche a razón, o nivel dos paisanos do lugar é bastante baixo, por iso non é casual que goberne quen goberna habendo candidatos máis serios en calquera das formacións políticas que se presentarón. Creo que os que acuden a estás páxinas virtuales teñen algo máis de instrucción ca maioría (que nen sequera "están dixitalizados")e pertencen ó grupo dos que teñen os ollos abertos, certa crítica e gañas de que cambien as cousas. Nunca me resultou grata a experiencia de tentar ilustrar e abrir os ollos as "masas cegas", é moi probable que non te crean e te manden a paseo. Un tudense díxome unha vez: "non sei pa que te rompes a cabeza, a vida é moi sencilla". Dous milenios e medio pasaron dende que xa Platón, no Mito da Caverna, nos demostraba que a xente prefire vivir na súa subxetiva e falsa realidade, permanecendo inamobible ante quen lles mostra outro camiño e os insta a ser libres e poder disfrutar doutra vida e realidade mellor. O populacho xa ten os seus ídolos para contarlle as verdades que quere oir, ben sea a través dos medios de desinformación de masas ou a través mitins no Cruceiro do Monte, Alfonso I ou Magnolia. Ahí sí reciben instrucción e adoutrinamento (como o que sirven en Intereconomía: carnaza!) e permanecen atentos, séntense importanes, decisivos para resolver os problemas do país. Os do estrado esperan que os voten, os que aplauden esperan que lles boten de comer cando rematen co discurso (pinchos varios e viño do país), por todo elo ó populacho xa non presto nen atención nen respeto, por deixarse instrumentalizar por outros e perxudicarnos ós demáis.

      Gracias pola apreciación, ante a dúbida entre si os 50 m eran radio ou diámetro, e pola comodide de non porme a unha da mañá a rebuscar na normativa, optei pola opción máis caritativa. Bo día a tódolos que queren que muden as cousas en Tui, ós demáis deséxolles que disfruten da carnaza que algún medio de masas lles pon hoxe en bandexa (axudas de ata o 70% para rehabilitación a través do ARI. Olvidóuse o detalle de dicir que a oficina neste momento non existe. Levan con estes faroles 10 anos e hay xente que leva anos esperando para cobrar o prometido, pois que lles paguen primeiro a quen deben!) Manda carallo na Habana.

      Eliminar
    3. La escena es tal cual la pintas. Los gobernantes que tenemos son, haciendo un paralelismo con la literatura de calidad y la barata,la de consumo de las masas (adocenadas, los bestsellers de la política, y, ante eso, poco se puede hacer, pero no debemos tirar la toalla porque nos va algo en el empeño. La dimensión del radio de influencia es lo de menos; lo que cuenta es que no se había catalogado el hórreo en el PGOU , y no debió de ser por despiste. En España existe un tipo de Camorra no violento pero muy pernicioso.Un abrazo.

      Eliminar
  9. Esperemos a ver como responden los residentes del casco histórico a esa iniciativa o concurso de embellecimiento de balcones y ventanas, ya que eso les va a suponer una pequeña inversión y veremos si los vándalos de los fines de semana respetan los adornos florales y si después el Concello se preocupa de la limpieza de las calles y contenedores que desbordan los fines de semana.
    No se que pasará los fines de semana en Ponte de Lima, Valença do Minho, Allariz, etc. pero estoy casi seguro que no hay el vandalismo que hay en Tui los fines de semana, de lo contario, no tendrían tan bien cuidados los bancos, maceteros, etc.
    No se si recuerdan aquella penosa imagen, que alguien publicó, de cuando algún banco de la plaza de la Estrella "voló" hasta el parque del paseo fluvial.
    Esperemos que empecemos a caminar, porque se hace camino al andar.

    ResponderEliminar
  10. A verdade é que o Nico parece parvo, pero como o Nani ándalle rillando a orella constantemente, que tenha muito cuidado o Ches porque este parvo igual lle rouba o sillón algún día.

    ResponderEliminar
  11. Tico tico, nico miko, házte un favor y cierra el pico.¡Chaavaaaal!

    ResponderEliminar
  12. josé Antonio Quiroga Quiroga26 de junio de 2012, 19:05

    Observo que algunos de los que se asoman a estas ventanas están encantados de conocerse y de reconocerse en sus manifestaciones, pues carecen del necesario pudor ético que les impida ponerse un "me gusta" a sí mismos.

    ResponderEliminar
  13. Pimpinela Eslalata29 de junio de 2012, 15:25

    O movimento do pe quedouse clavado no caminho

    ResponderEliminar