Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



23/7/11

Aniversario

O que comenzou así, fai exactamente un ano, hoxe é un lugar de encontro de cidadáns de moi diversas sensibilidades e ideoloxías, pero que compartimos unha preocupación común. Tanto no blog coma na páxina de Facebook, día tras día, atopamos mil e unha opinións, encontros e desencontros sobre este Tui que tanto nos doe, e sen dúbida, este exercicio de cidadanía - e desafogo- danos ánimos e esperanza para que aquelas palabras de fai un ano, desgraciadamente todavía vixentes, podan pronto ser esquecidas.

Queremos dar as gracias a todos aqueles que nos acompañan entre os latexos do monitor ou neste prosaico mundo físico: a quenes nos len, participan nas conversas e comentarios, e quenes colaboran e axudan e dan ánimos e ideas nestes traballos.

Veciños, amigos, coñecidos e descoñecidos anónimos e pseudónimos...

Feliz primer cumpleanos!

3 comentarios:

  1. Muchas gracias por vuestro interés por esta ciudad y sobretodo por su casco histórico.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar