Desconocemos as razóns que teñen levado ao precintado deste local do casco vello pero esperamos que, con xustiza e sen atropelos, comence unha nova etapa en relación coas licenzas e a súa correspondencia verdadeira coa actividade desenrolada, horarios de peche, ruidos e demáis, dos pubs desta sufrida zona vella. Na medida en que existe unha clara incompatibilidade entre a convivencia de certos servizos e a habitabilidade, a defensa do patrimonio e dereitos básicos de quenes viven no casco, o concello non debe inhibirse ante este grave problema que cada fin de semana pon de relieve os seus efectos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario