Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



1/3/11

O fenómeno xeolóxico baixo control

Dende fai uns días, preocupados por tanto trihalometano no ambente, tiñamos estas fermosas fotos para demostrar que sí, agora sí que a cousa prospera. O socavón tudense volve a estar sinalizado como fai uns meses e loce coma nunca nestes esplendorosos días. Agora sí que respiramos tranquilos e admiramos nos nosos paseos esta grandiosa obra da nai natureza con total seguridade, á espera de que os técnicos, enxeñeiros e resto da comunidade científica boten mans no asunto cando a obra teña un orzamento coma Deus manda.

A verdade é que a un venlle á cabeza que tanta dilixencia e adicación ao cidadán debería trasladarse tamén á depuradora. E encintala.




No hay comentarios:

Publicar un comentario