Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



18/2/11

Cuestionario

Tiñamos pensado dende fai uns meses elaborar un cuestionario con preguntas relativas ós problemas que sofre o casco vello para enviar aos diferentes partidos políticos e, confiando na súa participación, publicar as súas respostas e propiciar así un sano debate, ademáis de  facernos unha máis clara composición de lugar cara ás inminentes eleccións municipais. Por iso, e abusando un pouquiño da vosa boa vontade, pareceunos  oportuno contar coa vosa colaboración e ideas, de xeito que entre todos poidamos acadar un documento máis rico. Irémovos informando do asunto e... gracias anticipadas!

(manteremos o enlace a este post en lugar ben visible na columna dereita)

3 comentarios:

  1. Felicidades pola idea, só falta que respondan...

    ResponderEliminar
  2. Tenho que correxir o senhor Viñas a propósito do rueiro. E sinxelo. El non fai nada de proveito,así a todo equivocase muito.

    ResponderEliminar
  3. julio viñas martínez28 de febrero de 2011, 20:35

    Aplíquese el dicho: Dime de lo que presumes y te diré de lo que careces. Para aproveitado, estás tí. Jajajaja,

    ResponderEliminar