Xa que a páxina web do concello é como non ter nada, subimos aquí o Bando do Concello no que se "informa" do problema que teremos ca auga durante uns días (así sen definir). Chama a atención cómo, se se trataba de tarefas de mantemento, non se avisou á cidadanía coa suficiente antelación,e que, unha vez detectada a contaminación, non se informase por medios (non falemos da web) mais axeitados que un papel no concello. Lembramos que uns simples folletos repartidos -así se fai cando as procesións alteran o tráfico-, ou un coche con megafonía como os que se usarán para pedir o voto, serían moi útiles para este fin. Pero non.
No hay comentarios:
Publicar un comentario