Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



16/10/10

Chover sobre mollado

As vellas casas derrúmbanse sen e con informes técnicos. Rehabilitacións que non chegaron a tempo para moitos. O casco non ten ordenación do tráfico nen se plantexou a peatonalización de rúa algunha. Non se mantivo limpo o entorno e os veciños fixeron este verán de xardiñeiros. O cableado segue, aéreo como este vento, sen ocultarse. E as pintadas  afean respetables edificios cargados de historia e beleza. Non se cuidan os xardíns, nin se arranxan os parques e paseos. O ruido da fin de semana, rapaciada sen educar que vai de bar en discoteca, resoa nas rúas de pedra entre os aceleróns dos coches que por dirección prohibida circulan con impunidade. Chega o outono cas súas chuvias e só nos faltaba que as alcantarillas non estean limpas e os ríos de auga baixen con gañas de levar todo por diante, con esa furia que a un lle entra cando se para a pensar nesta fermosa cidade, e no abandono sen ideas nen vergoña que sofre, adoecida.

3 comentarios:

  1. Unha situación triste nun artigo fermoso. Parabéns unha vez máis a Intramuros

    ResponderEliminar
  2. Precioso artigo. Unha curiosidade: cando chove moito algunhas tapas do alcantarillado saen nadando polas rúas. Sen ir máis lonxe, hai pouco unha rapaza necesitou a axuda da policía e algún máis que pasaba por alí para poder sacar a roda do seu coche dunha alcantarilla. Para poder camiñar polas rúas vellas cando chove é necesario poñer botas de goma ata os xeonllos. Lamentable.

    ResponderEliminar
  3. Antes, fai anos, limpábanse e baldeábanse cun camión-bomba. Agora non se fai...

    ResponderEliminar