Ó fío dunha noticia da edición impresa de hoxe, domingo 19, no Faro de Vigo (polo que non podemos incluir enlace), na que o Bloque denunciaba, entre outras cousas, a situación de abandono do Casco Vello, queríamos dende Intra Muros deixar en claro, sen medias palabras, a nosa independencia respecto de calquer partido, o noso desexo de manternos ó marxe dos xogos e a loita política municipal.
O noso obxectivo e simple: a denuncia dunha situación vergonzosa e que merece a reacción ciudadana. Goberna un alcalde do PP e él é o responsable de tanta incompetencia, pero iso non significa que apoiemos outra opción política. Non entramos niso,nin, naturalmente, tampouco deixaremos de agradecer a quenes nos axuden nesta tarea, sexan do PP, do Bloque, do PSOE,Converxencia XXI, ou da Igrexa da Ciencioloxía. Para nós é unha cuestión de cidadanía, de senso común...e o resto é cousa de cadaquén.
É de agradecer que, con notas de prensa coma a referida, se faga máis visible o noso problema, e que os partidos, coma neste caso o BNG, se impliquen na defensa do noso patrimonio, pero desexamos que non se interprete capciosamente: nada máis lonxe das nosas pretensións. Tamén queremos dar as gracias ó apoio de Converxencia XXI que dende o primeiro momento animounos con entusiasmo na nosa iniciativa, dándolle a publicidade que poido e, tal vez, non teña as mesmas facilidades para aparecer na prensa. Temos seguidores do PSOE, tamén preocupados, nos consta, pola situación. E, en fin, no PP e partidos afíns tamén hai xente que comprende que temos razón. E diso se trata. A acción política no seu senso máis estricto deixámolla a outros, respectándoa, conscientes da súa necesidade e importancia.
Muy bien aclarado, así se evitan confusiones....además todos sabemos que igual que para apoyar, enseguida estas cosas se utilizan para desprestigiar (son los de siempre, son de tal o cual partido...) y nada más lejos de la realidad. Ahora teneis, mas aún si cabe, todo mi apoyo. Un fuerte abrazo y a continuar así
ResponderEliminarAclarado, pero será necesario repetirlo mas veces, los manipuladores suelen ser sordos y usan la necedad.
ResponderEliminarDe hecho, nuestro primer artículo, allá en los finales de julio (dos meses!)pretendía aclarar nuestras intenciones: http://cascovellotui.blogspot.com/2010/07/comenzamos.html
ResponderEliminarO Bloque fai un traballo político que pode coincidir ou non cos plantexamentos de calquera outra iniciativa popular ou partidista, pero o que si é certo, é que as denuncias que leva facendo o Bloque desde hai anos solen coincidir cas demandas da maioría dos cidadáns. Un saúdo
ResponderEliminarQueremos aclarar que non temos nada que ver con ningún partido, pero
ResponderEliminar"tamén queremos dar as gracias ó apoio de Converxencia XXI que dende o primeiro momento animounos con entusiasmo na nosa iniciativa"
jejeje
A verdade é que o comentario de Concienciar y Liberar foi premonitorio...Dá igual o que se diga porque pronto búscase calquer cousa para confirmar os prexuízos de quen non está disposto a pensar máis que cos maniqueísmos de sempre...
ResponderEliminarDe todas formas agradecemos o teu comentario e non vaias a pensar por iso -ca túa lóxica aplastante-, amigo/anónimo, que temos algo que ver contigo. Un saúdo.
Ya empezamos . . .
ResponderEliminarAl final los algunos políticos intentan aprovecharse de las buenas acciones de los ciudanos,(como la de INTRA MUROS). y después
ResponderEliminarestan esos "politiquillos" que intentan desacreditar esas acciones con palabras y mentiras baratas, y otros los políticos de verdad (de los cuales cada vez quedan menos)
que aplauden iniciativas como esas.
Esperemos por el bien de los vecinos de la Zona Monumental, que INTRA MUROS,siga en su linea, lo esta haciendo muy bién ... Ójala
gestionaran ellos Tui.
Saludos
AlgunhA vez os veciños e veciñas poderemos opinar e actuar SEN ter máis guía e interese que a conciencia cidadá e o ben común?. Por que sempre parece que ten que haber algo oculto, un interese non manifesto. Será porque os partidos moitas veces se aproveitan da boa fe das persoas? . Noraboa intramuros . Agardo que sigades co voso labor "comunitario " e non "partidario"
ResponderEliminar