Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



7/9/10

Conducta canina

Ó longo de todo o verán a Praza da Estrela ten ofrecido o aspecto que mostramos nas fotografías, fruto de quen se comporta con verdadeira conducta canina, lonxe da evolución que levou ó home á cidade e a civilización. E non falamos de cans, coitados.
Como se sabe, esta praciña é lugar ineludible na visita á cidade, un dos puntos do roteiro turístico. Pois ben, esta paisaxe escatolóxica acompañou e acompaña no recordo a todos os seus visitantes, e atormenta día a día ós que viven na zona. A solución é sinxela, visto que non se pode domesticar en curto prazo ós donos dos canciños (ollo, non todos, haiche xente que se preocupa e usa bolsiñas) : basta cun valadiño e algunha pranta ornamental, seto, etc. Para máis inspiración pódese pasear pola Corredera cos ollos ben abertos. Fácil, barato e todos contentos. Tamén os veciños, por suposto.


Por outra parte,velaiquí os coidados de Xardinería  e hai que ter moi boa vista:



Insistimos: non son aceitunas, por desgracia (ó fondo, medio corpo dun visitante, disfrutando do cheiro):

3 comentarios:

  1. Buenísimo lo de las aceitunas. Si así fuera,las hubiéramos acompañado los vecinos con unas cañitas este caluroso verano, y de paso, habríamos invitado de forma gratuita a los turistas que se desplazaron a TUI, durante este año Xacobeo. Pero aún nos queda lo mejor. Ahora vienen las lluvias, y refiriéndonos al maravilloso arte culinario, tendremos una exquisitez gastronómica: PATÉ DE ACEITUNAS.¡Que poca vergüenza!

    ResponderEliminar
  2. que poñan mexadoiros para cans coma hai noutras localidades....por sitio que non sexa..

    ResponderEliminar