Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



29/7/10

O problema

Moitas veces o problema é non saber velo, non adoitar a perspectiva adecuada, desenfocar a nosa mirada, polo que a solución comeza por abrir ós ollos ante todo ós feitos, á realidade máis dura ou ó maior dos contentos. Parécenos que abonda, na política municipal, de pelexiñas de taberna, loitas interesadas máis nos futuros e intanxibles votantes que neses tercos e pesados, sempre sinxelos, feitos. Abonda de olladas ó ombrigo, qué pensarán aló no partido, qué terán detrás estes que tan mal falan de nós, onde se asomarán os cartos polos que non confesan loitar. Abonda de mezquindade na acción máis política de todas: a da convivencia, a pé de rúa, durante cada paseo e cada saúdo botado ó aire, cada café compartido, cada xogo dos nosos nenos. Esa cercanía á comunidade e a súa vida cotiá, non se atopa en moitas das intervencións dos nosos representantes na vida municipal, ou será que non se deixa descubrir debaixo das súas palabras. Alí, a carón da Catedral, contaxiados, tal vez, pola etérea teoloxía, asistimos pleno tras pleno a partidas de brisca ou dominó  entre amigos que xa non se acordan de que a muller estáche na cociña, traballando, un día máis.
E un simple feito coma éste, o da foto, é o que nos importa. Humildemente.

Paseo Fluvial

2 comentarios: