Páginas

13/6/11

Facer o que nos pete

Isto é o que sucede cando se permite facer da capa un saio ou unha docena, cando o que interesa está noutra parte e non se abren os ollos ao que está a suceder no casco dende fai demasiado tempo , cando se visita o casco nas procesións unha vez ó ano.

Rúa Entrefornos:


Detalle da toma eléctrica recén instalada na fachada:



Cartelería respetuosa coa imaxe dun casco histórico:



Xa ven sendo hora de que non todo dé igual e que comeze un novo período nos coidados que a  cidade histórica merece. Hoxe mesmo, alcalde e concellais percorreron as  rúas do casco, feito sen precedentes que lles honra e desexamos simbolice este cambio de rumbo. Por se se lle pasaron por alto estos detalles, aquí están, á vista de todos. E agradeceríamoslles unha visita nocturna de fin de semana. Pagamos a primeira ronda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario