Páginas

25/3/11

Bolardos intelixentes (III)

Sentimos ser tan repetitivos con isto dos bolardos pero é que hai que aproveitar que os equipos municipais traballan arreo. Recordamos o problema: moi sinxelo, instaláronse no último período preelectoral pero nunca funcionaron, e o tráfico do casco necesita urxentemente algunha regulación. Xa temos publicado algún exemplo de como sería o seu aspecto decente e coidado frente os semáforos de obra instalados que simbolizaban todo o feísmo ao que estamos acostumados. Pois ben, nunha recente visita a Monção, atopámonos con isto e gostaríanos que alguén dunha vez tomara exemplo:






E a comparación vergoñenta, que  ademáis nunca funcionou:





No hay comentarios:

Publicar un comentario