Xa demos conta das labores de limpeza que se estaban levando a cabo nunha zona da muralla no paseo fluvial e pronto amosarémosvos os incribles resultados, fruto de un esmerado traballo da empresa concesionaria e a minuciosa supervisión do responsable do concello. Pero antes queríamos que se contemple en todo o seu esplendor a zona do xardín reservada para, cada vez que se efectúa un cortado de céspede, amontoar os residuos -porque non se retiran, non-, e co tempo e as chuvias, crear un
compost da máxima calidade, unha esterqueira que sen dúbida, enorgullecerá ós esforzados paisaxistas que organizan con tanta intelixencia e gusto as cousas da natureza nesta cidade, tan comprometida co seu coidado.
Ó fondo un resto dun tubo de desagüe, semienterrado, para realzar a beleza do recuncho.
No hay comentarios:
Publicar un comentario